A aula CeMIT de Boiro imparte un curso de Inkscape por vídeo-conferencia

04 Maio 2020

A aula CeMIT do Concello de Boiro segue coa súa actividade de formación por vídeo-conferencia, contrarrestando con contidos a distancia a imposibilidade de organizar obradoiros presenciais. O vindeiro curso que se vai impartir dende o centro local de alfabetización dixital será unha acción formativa sobre Inkscape de nivel básico, mostrando o funcionamento e posibilidades deste programa de debuxo multiplataforma de código aberto. A actividade vaise desenvolver os días 13, 15, 18 e 20 de maio en horario de 11.00 a 11.50 horas.

Contidos adaptados á situación actual

O Concello de Boiro está a traballar por adaptar os seus contidos á situación actual producida pola COVID-19 e, nesta liña, a aula CeMIT de Boiro afronta esta primavera cunha completa programación online para continuar coa formación mediante vídeo-conferencia. A finais do mes de abril comezou o curso de Arduino e, esta semana, o de Opencart. Na segunda quincena do mes de maio vaise impartir o de Inkscape nivel básico. Os usuarios van aprender a dar os primeiros pasos con este programa para aprender a deseñar os seus propios logotipos.

As inscricións están abertas e poden facerse directamente na aula CeMIT de Boiro mediante correo electrónico, axentetic@boiro.org, ou por teléfono, 981 84 26 35.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.