4 maio: España rexistra o mesmo número de mortos diarios que este domingo, 164 falecidos. Galicia tivo 6 vitimas

04 Maio 2020

O Ministerio de Sanidade actualizou o balance de contaxiados e falecidos por coronavirus en España ao 4 de maio.

-25.428 mortos. A véspera contábanse 25.264. Son 164 novos

-218.011 confirmados por PCR. Ata o domingo eran 217.466. 356 novos casos. É o menor aumento de casos desde que empezou a crise.

-121.343 curados. O sábado eran 118.902. 2.441 novas altas.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.056, deles 740 son da área da Coruña, 223 da de Lugo, 588 da de Ourense, 182 da de Pontevedra, 715 da área de Vigo, 468 da de Santiago, e 140 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 34 permanecen en UCI, 253 están en unidades de hospitalización e 2.769 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.234 persoas curadas, rexistrándose 569 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 104.990.

Falecidos 569, seis mais que onte. Catro en hospitais e respecto das dúas persoas falecidas onte en centros residenciais, unha foi na residencia Santa Teresa Jornet (A Coruña) e a outra na residencia Divino Maestro (Ourense).


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.