O Ministerio de Sanidade actualizou o balance de contaxiados e falecidos por coronavirus en España ao 2 de maio_
– 25.100 mortos. A véspera contábanse 24.824. Son 276 falecidos nas últimas 24 horas.
– 216.582 confirmados por PCR. Ata o venres eran 215.216. 1.147 máis segundo a actualización de Sanidade, 1.366 segundo a resta respecto a onte.
– 117.248 curados. O venres eran 114.678. Son 2.572 novas altas.
Pola súa banda a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.357, deles 800 son da área da Coruña, 238 da de Lugo, 673 da de Ourense, 208 da de Pontevedra, 791 da área de Vigo, 489 da de Santiago, e 158 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 45 permanecen en UCI, 278 están en unidades de hospitalización e 3.034 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 5.816 persoas curadas, rexistrándose 558 falecementos. O número de PCR realizadas é de 98.830 A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.