1º maio: 281 mortos nas últimas 24 horas. Galicia rexistrou 8 novas vítimas

01 Maio 2020

O Ministerio de Sanidade actualizou o balance de contaxiados e falecidos por coronavirus en España ao 1 de maio.:

-24.824 mortos. A véspera contábanse 24.543. Son 281 falecidos nas últimas 24 horas, un lixeiro repunte respecto a a véspera, cando se marcaron mínimos diarios desde o inicio da crise, con 268 vítimas mortais.

-215.216 confirmados por PCR. Son 1.175 máis segundo a nova actualización, por unhas modificacións reportadas pola Comunidad de Madrid. Ata o mércores eran 213.435, co que serían 1.781 os casos novos.

-114.678 curados. O xoves eran 112.050. 2.628 novas altas

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.486, deles 820 son da área da Coruña, 241 da de Lugo, 707 da de Ourense, 214 da de Pontevedra, 848 da área de Vigo, 498 da de Santiago, e 158 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 47 permanecen en UCI, 334 están en unidades de hospitalización e 3.105 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 5.573 persoas curadas, rexistrándose 555 falecementos, oito novos.
O número de PCR realizadas é de 96.095.

Datos Covid 19 1ro de maio

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.