14 maio: Nova suba, os mortos diarios superan os 200 e repuntan os casos confirmados por PCR. Suben os sanitarios infectados

14 Maio 2020

O Ministerio de Sanidade actualizou o balance de contaxiados e falecidos por coronavirus en España ao 14 de maio:

  • 27.321 mortos. A véspera contabanse 27.104. Son 217 máis. Deles son 131 en Cataluña. 
  • 229.540 confirmados por PCR. Ata onte mércores eran 228.691. Son 506 máis, 195 en Cataluña e 88 en Madrid
  • 143.374 curados. 140.823 altas acumuladas o día anterior. Son 2.551 máis. 

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.179 deles 532 son da área da Coruña, 124 da de Lugo, 333 da de Ourense, 110 da de Pontevedra, 565 da área de Vigo, 436 da de Santiago, e 79 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 22 permanecen en UCI, 144 están en unidades de hospitalización e 2.013 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 7.996 persoas curadas, rexistrándose 597 falecementos. O número de PCR realizadas é de 118.665. 

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.