Stop Deshaucios Barbanza agradece a solidariedade da conserveira Ignacio González Montes

01 Abril 2020
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A Plataforma Stop Deshaucios Barbanza atópase estes días especialmente envorcada en pór de manifesto os problemas sociais e económicos que está a desencadear a pandemia de COVID-19, que agravan os xa existentes na nosa comarca en relación ao acceso á vivenda, emprego e acceso a recursos básicos. É por este motivo que a plataforma quere recordar a importancia da solidariedade para paliar a situación das familias.

Neste senso, agradeceu as recentes doazóns da conserveira Ignacio González Montes de Ribeira, “porque grazas á súa colaboración solidaria, nestes días, puideron ser entregadas latas de conservas, concretamente de atún, a algo máis de medio centenar de familias en situación de risco da comarca do Barbanza”.

A plataforma tamén quere destacar o importante esforzo das veciñas e veciños do Barbanza á hora de seguir as obrigas e restricións do Estado de Alarma decretado polo Goberno central, ás que anima a seguir cumprindo coas disposicións sobre a mobilidade “para loitar contra o COVID-19”. Stop Deshaucios Barbanza tamén se lamentou, ao mesmo tempo, da complicada situación pola que están a pasar moitas persoas dos nosos concellos, que permanecen “habitando infravivendas, chabolas e caravanas”, ou mesmo directamente na rúa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.