Rianxo impulsa a edición máis dixital do certame Enreguéifate

28 Abril 2020

As nenas e nenos queren regueifar e cantar e as redes permiten sortear a imposibilidade de xuntarse para facelo. Na Rede está en activo dende uns anos o certame Enreguéifate, impulsado polos Concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo co obxectivo de reivindicar en Internet (a través das redes sociais e da páxina www.enregueifate.gal) o cantar rexoubeiro e retruqueiro da regueifa e as súas importantes posibilidades de expresión, comunicación e interactividade.

Se ben as anteriores edicións foron un éxito de participación e repercusión (con centos de vídeos recibidos en cada convocatoria) existían dúbidas sobre se a pandemia e o peche dos colexios ían permitir a continuidade normal da iniciativa. Finalmente esta seguiu adiante con forzas renovadas grazas a incidir no que foi, dende o comezo, o seu medio natural: as novas contornas tecnolóxicas.

Quen está detrás, inscricións e bases

Os concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo convocan o certame Enreguéifate que pretende apoiar e difundir a regueifa como forma de improvisación oral e contribuír á promoción do uso da lingua galega.

As inscricións están abertas até o 29 deste mes de abril, ou sexa, até este mércores.

Nesta edición, establécense dúas categorías: unha xeral, para calquera persoa, e outra escolar, para alumnado dos centros educativos galegos non universitarios.

A participación é aberta e de balde e concrétase co envío dun vídeo no que, cando menos, dúas persoas aparezan regueifando en lingua galega.

Os vídeos enviaranse a través da web de Enreguéifate xunto co formulario de inscrición cuberto que se atopa na propia páxina.

Establécense os seguintes regueipremios para cada categoría:

· Regueifa máis brava: valoraranse os vídeos cun xeito de regueifar máis ousado, garboso, festeiro e divertido.

· Regueifa máis aguda: valoraranse os vídeos máis enxeñosos, creativos e orixinais desde o punto de vista estético.

· Regueifa máis diversa: valoraranse os vídeos nos que haxa maior heteroxeneidade entre as persoas participantes en canto a sexo, idade, nacionalidade, etcétera.

· Regueifa máis reivindicativa: valoraranse os vídeos cunha temática crítica ou satírica, tendo tamén en conta o tratamento de asuntos de actualidade.

· Regueifa mellor cantada: valoraranse os vídeos nos que se demostre unha mellor entoación, anación e ritmo musical.

· Regueifa mellor falada: valoraranse os vídeos nos que se demostre unha mellor calidade lingüística, tendo en conta o uso coidado, correcto e non sexista da lingua galega en todas as súas variantes dialectais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.