Rianxo comezou, coa axuda das panaderías, o reparto das máscaras rematadas pola veciñanza

11 Abril 2020

O primeiro lote de 2.000 máscaras de protección contra a pandemia recibidas en doazón polo Concello de Rianxo e acabadas de poñer a punto pola veciñanza voluntaria (as máscaras viñan pre-cortadas na parte exterior e máis na interior, polo que cumpría coselas e poñerlles a fita elástica) xa comezou a distribuírse. Segundo informou o Goberno local este 8 de abril a través do seu Facebook, o material vai dirixido ao colectivo máis vulnerábel en primeiro lugar (maiores de 60 anos) e repartiranse a través do persoal de axuda a domicilio e “unha axuda inestimábel das panaderías que fan reparto nas casas”, entre as que se atopan a Panadería Soto, A Pireta, Panadería Ourille, Fornos da Casilla, Panadería Valentín, Panadería do Pazo e Panadería O Gandulo de Asados.

As bolsas foron cedidas por Froitas Sagrario. O Concello tamén engadiu que xa se recibiu un novo lote de máscaras e que xa se confirmou a participación de máis veciñas solidarias e voluntarias para acabalas de rematar dende as súas casas coas súas máquinas de coser. Dende o Consistorio tamén recordan que quen queira botar unha man neste traballos, ten que dirixirse ao número de teléfono 981 860 075 e dar a través desta canle os seus datos de contacto.

O Concello tamén lembra que as instrucións achegadas coas máscaras relativas ao uso do microondas informábase “dunha dose excesiva”, engadindo que a duración da mesma debe reducirse a un máximo un minuto por cara da máscara.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...