Rianxo coloca as bandeiras a media mastro

03 Abril 2020

O Concello de Rianxo colocou as bandeiras a medio mastro fronte á fachada principal do consistorio. Precisamente unha das últimas vítimas mortais do coronavirus na comarca foi un rianxeiro, de 85 anos e veciño da parroquia de Asados, que presentaba patoloxías previas e que levaba varios días ingresado xa na unidade de críticos do Hospital Clínico de Santiago.

A decisión foi notificada polo concello nos eguinte comunicado:

“Os portavoces das forzas políticas do Concello decidimos colocar desde hoxe as bandeiras do concello a media hasta na memoria e solidariedade coas vítimas rianxeiras do Coronavirus e as súas familias e por extensión con todas as que se están a producir nestes tempos de dificultades que tocaron vivir máis coa esperanza de xuntos, como colectividade, saír adiante”.

Á morte do veciño rianxeiro súmase a dun veciño de Carnota, de 86 anos e que se atopaba ingresado no Hospital Comarcal de Cee. Desta forma, e á espera da catualización de datos, sumamos xa tres falecidos na comarca barbanzana desde o inicio da epidemia, con outras tres persoas ingresadas na actualidade no Hospital dá Barbanza de Oleiros.

Consistorio de Rianxo coas bandeiras a medio mastro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.