Reparto de mascarillas de protección nos polígonos de Rianxo e A Pobra entre outros

19 Abril 2020

Efectivos da Garda Civil procederon durante estes días á repartición de máscaras de protección entre o tecido laboral e social dos polígonos industriais de “Suelo Empresarial del Atlántico” na provincia da Coruña, coa colaboración da Delegación e a Subdelegación do Goberno.

A xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, Beatriz Sestayo, solicitou á Subdelegación a inclusión na repartición de máscaras dos polígonos que xestiona a entidade, para garantir a protección dos traballadores que acoden aos seus postos de traballo, en polígonos nos que se mantén unha importante actividade, debido á natureza das empresas que operan neles.

Beatriz Sestayo transmitiu o seu agradecemento pola resposta recibida tanto á Subdelegación, pola entrega dun milleiro de máscaras hixiénicas, como aos efectivos da Garda Civil polo seu esforzo pola seguridade dos traballadores e os cidadáns.

A repartición realizouse en función da actividade de cada polígono: 200 na Pobra (18 empresas instaladas), 200 na Laracha (15 empresas), 150 en Vimianzo (7 empresas), 150 en Rianxo (15 empresas activas), 150 en Muros (12 empresas activas) e 150 en Cee (7 empresas).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.