Regulada a saída de nenos. Os de 14 non poden pasear sós e as coidadoras poderán acompañar aos pequenos

25 Abril 2020

O Ministerio de Sanidade publicou esta mañá no BOE a orde que regula os desprazamentos dos nenos durante o estado de alarma, que entrará en vigor mañá domingo. O texto sinala que os “menores de 14 anos” poderán pasear acompañados dun dos seus proxenitores, titor legal ou “empregado do fogar a cargo do menor”. Este último deberá contar cunha autorización escrita dos pais.

BOE que regula a saida de nenos 20200425

Tal e como sinala o texto, non é indispensable que o coidador conviva no fogar do menor. Sobre a idade dos nenos que agora poderán saír a pasear houbo certa confusión na última semana: mentres o ministro de Sanidade, Salvador Illa, sempre falou de “menores de 14 anos”, o vicepresidente Pablo Iglesias referiuse a menores “de ata 14 anos”. Ata a publicación da orde este sábado non quedou claro onde se establecía a barreira: os de 14 súmanse ao grupo de menores que poderán saír pola súa conta nas mesmas condicións que os adultos. É dicir, no caso dos menores de 14 a 17 anos, o Goberno aclarou que, se teñen autonomía e permiso paterno, poderán acollerse aos supostos que xa contempla o decreto de alarma, no que se inclúen as saídas por motivos esenciais, como saír para realizar compras de primeira necesidade. A orde sinala que poderán saír tres menores como máximo con cada adulto que será responsable de cumprir as medidas de seguridade: distancia de seguridade de 1-2 metros e lavado de mans habitual.

A orde confirma que os paseos deben ser de 9 a 21 horas nun radio dun quilómetro de distancia do fogar, que poderá ser en parques, aínda que non en randeeiras “zonas recreativas e deportivas” e que a duración máxima será dunha hora.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.