Protección Civil de Boiro reparte equipos informáticos ao alumnado sen recursos do municipio

24 Abril 2020

Protección Civil de Boiro comezou estes días o reparto de ordenadores
portátiles e conexión de acceso a internet, entrega de xeito temporal e mentres non se retomen as clases, ao alumnado dos centros do municipio que non dispoñe de recursos para continuar as tarefas de aprendizaxe na casa.
Co peche dos colexios, motivado pola pandemia do COVID-19, profesorado, alumnado e a administración veuse na obriga de buscar fórmulas para continuar coa formación a distancia. Non todas as persoas dispoñen dos
mesmos medios e recursos para a formación online por iso, ante estes cambios no sistema de aprendizaxe, a administración comezou a artellar fórmulas para garantir a continuidade da formación.
O primeiro que se fixo foi poñer en funcionamento un sistema de impresión de fotocopias para aqueles alumnos e alumnas que non dispoñen
dos medios para acceder desde os seus fogares. Unha vez por semana o
persoal municipal imprime e reparte as fotocopias a aquelas persoas que
indican os propios centros educativos.
Os operarios de Protección Civil comezaron tamén co reparto dos libros
que, debido á suspensión das clases, quedara nos centros educativos. Agora, os operarios comezaron co reparto de ordenadores portátiles e rúter para a conexión a internet ao alumnado que non dispón dos recursos necesarios para continuar coa formación a distancia, mentres dure o curso escolar, segundo os criterios e indicacións dos centros educativos para a súa asignación.

Outros artigos

Este sábado 12 comezan as Festas do Carme de Cabo de Cruz

Esta fin de semana e boa parte da semana que vén celébranse en Cabo de Cruz (Boiro) as Festas do Carme edición 2025, unhas celebracións na honra da patroa da xente do mar, a Virxe do Carme, que xunta actividades relixiosas, culturais e festeiras e que este ano vén cun...

+

Este sábado celébrase o XXXV Festival Folclórico de Escarabote

Este sábado 12 de xullo vaise celebrar a XXXV edición do Festival Folclórico de Escarabote, a partir das 21.00 horas, no porto da dita vila mariñeira. A cita, unha reivindicación da música, o baile e a cultura tradicionais da nosa terra, será organizada pola AC Pedra...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao...

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

Muchas veces el silencio mata. Han sido muchos los que en la II guerra, salvaron del holocausto a muchas vidas judías, Schindler, el español conocido como ángel de Budapest, Wallenberg, o el portugués Sousa Méndes. Todos ellos hacían el bien, por el bien, por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.