Portos levará a cabo melloras portuarias por importe de 3,1 millóns

03 Abril 2020

Na comarca os portos beneficiarios figuran os da Pobra do Caramiñal, Aguiño, Cabo de Cruz, Palmeira, Portosín, Rianxo e Taragoña.

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, acaba de enviar ao Diario Oficial da Unión Europea o anuncio previo de licitación do servizo de redacción de proxectos de obra para máis de medio cento de actuacións en portos por un importe total de 3,1 millóns de euros. Estes proxectos, cuxo anuncio aparecerá recollido na publicación comunitaria nas próximas semanas, céntranse en estudos marítimos, ambientais, estudos de patrimonio, de chan, e estudos de alternativas, anteproxectos e proxectos construtivos. Desde Mar explican que Portos opta pola tramitación desta licitación a través dun anuncio previo no Diario Oficial da Unión Europea co obxectivo de axilizar os prazos para a tramitación das obras. En base a esta vía administrativa, reducirase o período de presentación de ofertas unha vez iniciada a licitación, que se estima que terá lugar durante o segundo trimestre do ano.

Porto Palmeira. Trabancos

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.