Portos adía até o 30 de abril o límite para o pago das taxas nos peiraos autonómicos

06 Abril 2020

Como medida para aliviar a presión sobre a xente do mar nestes tempos de restricións e parón económica, Portos de Galicia anunciou este luns 6 de marzo que vai flexibilizar o pago das taxas nos peiraos autonómicos. En concreto, ampliará até finais do mes o prazo voluntario de pago dos impostos que vencesen a partir do 18 de marzo, adiando a emisión de facturas por taxas portuarias até dous meses despois de que remate o Estado de Alarma. Polo tanto, o abono dos pagamentos poderá realizarse até o vindeiro 30 de abril.

Portos de Galicia tamén acordou adiar ata dous meses despois de que remate o Estado de Alarma a emisión de novas facturas por taxas, decisión que ten como obxectivo “aliviar posíbeis tensións de tesourería ás entidades e empresas usuarias dos portos e favorecer a existencia de liquidez para que poidan manter a súa actividade unha vez superada esta situación excepcional pola alerta sanitaria”. A maiores, os contribuíntes poderán beneficiarse dos adiamentos e fraccionamentos habituais previstos tanto na lei xeral tributaria coma nos regulamentos de recadación en vigor na comunidade.

Estas medidas foron comunicadas este luns pola conselleira de Mar, Rosa Quintana, á Federación Galega de Confrarías de Pescadores e á Asociación Galega de Depuradores de Moluscos (AGADE). A iniciativa afecta a servizos especiais como a entrada ou estadía de barcos nos peiraos galegos, a atracada, o tráfico de mercadorías e pasaxeiros, de produtos do mar ou o tránsito de embarcacións deportivas ou de lecer.

Tamén abrangue outros servizos específicos como guindastres, almacenaxe, locais e edificios, fornecementos ou servizos diversos, así como as taxas portuarias polo exercicio de actividades comerciais, industriais e de servizos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...