Os traballos de conservación e protección do Parque Natural de Corrubedo manteranse até novembro

09 Abril 2020

Malia a crise sanitaria e as medidas excepcionais do Estado de Alarma, o Goberno galego anunciou hoxe que manterá activos os labores de restauración e conservación de hábitats de interese nos seis parques naturais existentes na Comunidade, así como no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. O obxectivo destes traballos, co-financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) nun 80%, é “preservar a biodiversidade e os valores naturais” destes espazos, ao tempo que se dotan de protección fronte aos lumes forestais. Os traballos abranguen o Parque Natural de Corrubedo e o arquipélago de Sálvora (Parque Nacional das Illas Atlánticas). No caso do noso parque natural, os labores prolongaranse até o novembro, logo de que comezasen o pasado 3 de marzo.

A Xunta tamén informou que foi preciso adaptar os procesos de protección, restauración e adecuación á nova realidade marcada polo COVID-19 e a pandemia. En concreto, a empresa pública SEAGA, encargada do servizo, tivo que interromper temporalmente os traballos para acondicionar o sistema do transporte ás medidas de seguridade esixidas polo Decreto de Alarma, retomando a actividade días despois.

Os traballos a realizar inclúen sobre todo o acondicionamento dos hábitats con moto-rozadoras naquelas áreas onde non é posíbel o emprego de maquinaria, e o acondicionamento mecanizado con tractor en superficies con diferentes pendentes e tamén en marxes de camiños.

Ademais, a encomenda inclúe a realización doutras tarefas como: limpeza de gabias con retro-escavadora ou moto-niveladora, co fin de evitar danos nos habitas por desbordamento; acondicionamento da rede de drenaxe existente; recollida, clasificación e acopio de residuos, así como limpeza manual en praias; apertura manual de faixas-devesas; podas e clareos en masas arbóreas existentes para manter a luminosidade dos hábitats en cobertura; ou eliminación de especies alóctonas, “co fin de restaurar hábitats degradados”.

Outros artigos

O Concello de Ribeira dota ao porto de Aguiño dunha marquesiña

A veciñanza da parroquia de Aguiño xa dispón dunha marquesiña nas inmediacións do porto despois de que a brigada municipal de obras procedese coa súa fabricación e colocación. O Concello de Ribeira dá así resposta a unha demanda veciñal dilatada no tempo para protexer...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...