Os restos da nave Soyuz no ceo galego puideron verse dende Boiro

29 Abril 2020

Ás 6.45 da madrugada deste 28 de abril, as persoas máis madrugadoras puideron ver no ceo de parte da provincia da Coruña un ronsel de luz enriba das súas cabezas que as testemuñas que tiveron o privilexio de albiscalo pensaron nun primeiro intre que puidera ser un meteorito achegándose á Terra e rozando a atmosfera. Finalmente confirmouse que se trataba dos restos dun foguete ruso Soyuz, que foi enviada ao espazo o sábado pasado para achegar subministros á Estación Espacial Internacional. Parte da súa estrutura fundíndose foi o que se deixou ver na madrugada de onte no ceo, dende concellos como Boiro, que resultaron ser un miradoiro inmellorábel para avistar o ronsel de luz. Así o corroboraron os traballadores de ROTOGAL dende o Polígono de Espiñeira.

Tamén se puido albiscar dende A Coruña e dende A Costa de Morte, constituíndose un arco xeográfico de máis de 100 quilómetros dentro da provincia da Coruña. A bóla de lume foi finalmente identificada como parte da estrutura do foguete ruso Soyuz, reentrando na atmosfera logo do seu lanzamento dende o cosmódromo de Baykonur (Kazajistán), o pasado 25 de abril, segundo confirmou a Universidade de Santiago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La idea de D Trump sobre Irak” – Manuel Domínguez

“La idea de D Trump sobre Irak” – Manuel Domínguez

Para no alargar mucho la guerra, que no suceda lo de Putin con Ucrania, está pensando en trocear el país, deshacerlo como estado y crear 10 mini estados, así está armando a los kurdos para combatir y generar una guerra civil. Una guerra civil en la que participarán...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.