Os exames de mariñeiro e patrón da Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira serán en xullo

09 Abril 2020

O Goberno galego confirmou este xoves 9 a modificación das datas dos exames de carácter libre das titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente. O motivo destes cambios non é outro que o Estado de Alarma polo COVID-19 e a imposibilidade de preparar, realizar e avaliar as probas en condicións normais de traballo. A resolución foi publicada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro (Consellería do Mar) e nela faise saber que se ben as probas estaban inicialmente previstas para este mes (logo do período aberto de matrícula aberto entre o 27 de xaneiro e o 28 de febreiro), pasarán a celebrarse no mes de xullo nos centros de formación dependentes da Xunta: o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.

Datas específicas

No caso da titulación de mariñeiro pescador, e tendo en conta o número de matriculados, o exame teórico-práctico centralizarase o día 3 de xullo na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira. Este mesmo centro acollerá as probas para a titulación de patrón local de pesca (sección máquinas), que será o vindeiro 9 de xullo, e as de patrón local de pesca (sección ponte e común), que será un día despois, o 10 de xullo. Por último, os exames para a titulación de patrón costeiro polivalente (sección máquinas) serán o 1 de xullo e os de patrón costeiro polivalente (sección ponte) ao día seguinte, o 2 de xullo, e celebraranse nos tres centros dependentes da Consellería do Mar.

A resolución emitida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro tamén establece que aquelas persoas que estivesen matriculadas para algún destes exames e non queiran participar neles como consecuencia do cambio de datas poden solicitar a devolución das taxas correspondentes. Os centros publicarán o horario de realización dos exames nas xornadas previas ás datas das probas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

La situación de Ribeira es alarmante, no es un robo casual, la casualidad es cotidiana, los siete días de la semana, los 30 días del mes. Los coches no solo son asaltados en la calle, son asaltados dentro de los garajes privado, debajo del domicilio. La policía los...

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.