Os empresarios de Boiro, Rianxo e Noia poñen a súa experiencia a disposición da Xunta para loitar contra a crise

15 Abril 2020
Typing on laptop closeup, chatting in Facebook, meeting website. Blogger, journalist writing new article.

As asociacións de empresarios de Boiro, Rianxo e Noia (ABE, ARE e Noia Histórica) veñen de asinar un comunicado conxunto no que mostran a súa total dispoñibilidade para traballar neste momento de crise sanitaria nas medidas autonómicas de reactivación impulsadas pola Consellería de Economía. O comunicado, emitido tamén polas restantes entidades da Asociación Galega de Centros Comerciais Abertos (CCAS de Galicia), é unha mensaxe de apoio e de unidade a prol do traballo conxunto entre os comerciantes e a Xunta para “vencer ao COVID-19 e saírmos adiante reforzados e máis unidos ca nunca”.

40 xerencias

A entidade de ámbito autonómico está formada por máis de 40 xerencias dos Centros Comerciais Abertos e nestes momento representan a máis de 5.000 establecementos e empresas. As xerencias salientan no comunicado o seu papel de “dinamizadoras do comercio local” e o seu gran potencial para “aplicar políticas de axudas comerciais promovidas pola Administración”. Neste punto, destacan positivamente a súa participación na REDIC, un instrumento mediante o cal a Xunta de Galicia está a impulsar o proceso de modernización e ordenación do comercio local.

Puntos concretos

A asociación, “consciente das necesidades de apoio e acompañamento que xurdirán para o comercio de proximidade unha vez que finalice o Estado de Alarma”, propón os seguintes puntos:

· Poñer todas as unidades xerencias dos CCA, directivas e demais persoal técnico, así como “a nosa experiencia e vontade de traballo”, a disposición da Consellería de Economía, Emprego e Industria, da Dirección Xeral de Comercio en particular, co fin de “dar resposta ás inquedanzas e suxestións do tecido comercial das nosas vilas”.

· Incluír aos representantes de AGAXECCA nos debates ou mesas de traballo que teñan lugar no ámbito da Dirección Xeral de Comercio e “vencellar esta entidade ás decisións que poidan afectar ao sector ao que representamos”.

Comisión de traballo

As integrantes da asociación, considerando “a necesidade de ser máis áxiles e operativas”, construíron unha comisión de traballo, avalada pola totalidade das asociacións e constituída por un xerente de cada provincia, que representará os intereses dos Centros Comerciais Abertos coma puntos da rede de dinamización comercial da Xunta de Galicia. As ditas persoas son:

– Provincia de A Coruña: María del Carmen Fernández Dopico – Centro Comercial Aberto Ferrol – A Magadalena.

– Provincia de Lugo: Ángel Folgueira Álvarez – Centro Comercial Urbano Monforte.

– Provincia de Ourense: Lorena Tato Rodríguez – Centro Comercial Aberto Ourense Centro.

– Provincia de Pontevedra: Yonathan Carreira Figueiras – Centro Comercial Aberto Estrela de Marín.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.