Os colexios médicos galegos alertan: “O test non funciona ou o virus non circulou”

30 Abril 2020

O estudo epidemiolóxico da Xunta está a desvelar que o coronavirus apenas penetrou en Galicia, a pesar dos 546 falecidos alcanzados e a delicada situación que atravesan as residencias de maiores. Representantes dos colexios de médicos indican que se están atopando cunha “porcentaxe altísima de negativos” nos primeiros días do estudo que pretende elaborar un mapa do Covid-19 na comunidade. De feito, indican que a porcentaxe de positivos podería estar por baixo do 1%. Desde o Colexio de Médicos de Pontevedra, afirmase que “se o test funciona ben, preocupa moito” os resultados no que vai de desenvolvemento do estudo, que comezou o venres pasado. “A porcentaxe de negativos é altísimo en toda Galicia”, afirman que “por encima do esperado”.

Poñen como exemplo que “nunha área sanitaria de Galicia o venres fixéronse 400 test e só dous foron positivos”, polo que estimou que no que vai de estudo, con menos do 50% do censo escollido testado, a porcentaxe de positivos na comunidade sitúase “por baixo dun 1%”.

Estes resultados fixeron saltar as alarmas entre os profesionais en dúas direccións. Por unha banda, preocúpalles que os test non estean a funcionar. Por outro, advirten que se o estudo está correcto, os inmunes estarán por baixo do 10% ou do 5%. Se confirman estes datos, “a desescalada vai ser un auténtico problema”.

Desde o Colexio de Médicos de Ourense afirman que 90% da poboación está virxe; non estivo en contacto co virus e se o test funciona correctamente …. o risco de contaxio pode ser brutal”. (Axencias)

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendocertezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dandofe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo...

“Therians”. Xulio Xiz

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.