Olloboi incluirá unha categoría específica sobre o confinamento e a pandemia: Olloboi COVIDeo doméstico

16 Abril 2020

Contra vento e marea, e aproveitando as posibilidades que ofrecen as redes sociais e as novas tecnoloxías en xeral para superar confinamentos e pandemias, o Festival Audiovisual Escolar Olloboi chega á súa décima edición, ampliando horizontes e prazos para a presentación de contribucións (debido aos condicionantes do Estado de Alarma que, por certo, centran unha das categorías do certame 2020: a modalidade Olloboi COVIDeo doméstico). A nova convocatoria do certame boirense está novamente dirixida a todos os niveis educativos (Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional, Universidade, Escolas Audiovisuais), aceptándose videocreacións (ficción ou documental) de duración preferentemente non superior ós 20 minutos. A edición 2020 celebrarase co inicio do vindeiro curso.

Establécense as seguintes categorías:

Olloboi Peque: para traballos elaborados con alumnado de Infantil e Primaria.

Olloboi Plus18: para pezas elaboradas por alumnado de centros de ensino superior (escolas universitarias, ciclos de formación profesional superior, EOI, etc.) ou profesorado.

Olloboi Xubiloi: para traballos de profesorado xubilado.

Olloboi Xeral, onde participan todas as pezas presentadas de acordo cos seguintes epígrafes:

– Olloboi Interpretación: onde se valorará unha boa dirección de actores e/ou un reparto ben escollido, evidenciándose na naturalidade ou adecuación das interpretacións

Olloboi Imaxe: o que amose unha edición mellor planificada, un emprego consciente das leis de composición visual, a escolla da paleta cromática, tratamento da luz, etc.

– Olloboi DJ: a mellor sonorización e/ou interpretación musical, orixinal ou versión.

– Olloboi Guión: o mellor texto orixinal, onde se primará a existencia de personaxes e situacións verosímiles. Terase en conta a comicidade.

– Olloboi Arte e Estética: onde se terá en conta a construción de escenarios, vestiario e maquillaxe. Terán especial cabida nesta categoría as animacións e o uso de técnicas stop motion, time lapse, etc.

– Olloboi Comprometido: unha categoría para reivindicar e defender o “que tantos anos custou lograr e que tan facilmente pode perderse”. Pola liberdade, polo rural, polas mulleres, pola cultura e polo ben público en xeral.

– Olloboi Zamburrioi: premio especial concedido pola Asociación Olloboi.

Olloboi COVIDeo doméstico: Categoría que xorde directamente da problemática da pandemia e do confinamento que estamos a vivir, onde se convida a “reflexionar sobre esta situación e sobre o país que nos agarda á volta”. Segundo informan as organizadoras e organizadores de Olloboi poderá achegarse nesta modalidade unha peza de corte experimental e poético, con material actual ou de fondo de disco duro; documental, recollendo o diario da vida doméstica, de ficción ou animación. Terá que levar nos créditos o cancelo #OlloboiCOVIDeo. As contribucións optarán a un premio especial que consistirá en asistir a unha rodaxe de cine galego (datas a considerar en función da evolución do virus).

A inscrición de traballos deberá facerse en Olloboi.com.

Outros artigos

A ABE realiza o sorteo da Campaña de San Valentín

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) realizou na mañá deste venres 13 de febreiro o sorteo dos premios da campaña de San Valentín entre os 1.207 rexistros de compras recibidos a través da web da entidade, co obxectivo de premiar ás persoas que apostan polo comercio...

+

O Entroido de Amicos celebra as distintas comunidades do mundo

O Entroido xa está a percorrer Galicia, e Amicos xa leva semanas preparándose para celebrar unha das festas máis divertidas do ano. Uns preparativos que a mañá deste xoves, 12 de febreiro materializáronse no Gran Festival do Entroido da entidade inclusiva do Barbanza,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.