O teletraballo permite que a Deputación da Coruña manteña plena actividade

03 Abril 2020

Máis de 500 empregados e empregadas da Deputación da Coruña traballan desde as súas casas durante a crise do COVID-19 para manter en funcionamento os servizos que o Goberno provincial definiu como esenciais, entre os que figuran os servizos sociais e de teleasistencia, o mantemento das estradas provinciais, atención cidadá, asistencia aos municipios, os servizos relacionados coas tecnoloxías da comunicación ou calquera actividade que implique o pago a provedores e contratistas.
Parte dos membros do Goberno, da corporación provincial e dos xefes de servizo seguen traballando tamén de forma presencial na sede da Deputación, que reforzou a atención telefónica á cidadanía e mantén abertos todos os trámites a través da sede electrónica.
Actualmente acceden en liña ás súas aplicacións informáticas os mesmos traballadores que o farían de forma presencial, nun día normal. Diariamente, 469 persoas conéctanse e tramitan co xestor de expedientes e outros 233 usuarios dispoñen de acceso remoto completo aos seus computadores a través das novas redes privadas virtuais despregadas nestes días, que permiten que non se vexa afectada a rede informática que a Deputación pon ao dispor dos concellos da provincia e que utilizan a diario máis de 1.000 usuarios.
Desde que se decretou o estado de alarma, o persoal dos servizos de Informática e Administración Electrónica fixo un amplo despregamento dunha plataforma xeral de teletraballo que non parou de crecer e que a día de hoxe xa dá soporte á práctica totalidade do persoal da Deputación, sen consumir os recursos reservados para os concellos da provincia.

Reunións por videoconferencia

Ademais, nestes días implantáronse novas ferramentas avanzadas que facilitan o traballo online en grupos e a distancia tanto dos responsables políticos como do funcionariado, mediante servizos de mensaxería instantánea (chats) e videollamadas.
A plataforma de teletraballo implantada permite, por exemplo, que o presidente da Deputación poida dirixirse de maneira directa a todo o persoal ou que poda conectarse por videoconferencia cos membros da corporación, cos xefes de servizo ou con calquera traballador ou traballadora da institución provincial.
Tamén é posible realizar as xuntas de portavoces ou reunións de forma telemática, desde as salas de videoconferencia das que dispón a Deputación ou desde os computadores persoais e dispositivos móbiles dos deputados.
Ademais, a Deputación envía cada día ao todo os seus persoal boletíns informativos sobre a evolución local, galega e nacional do Covid-19, así como noticias e consellos preventivos.

Xestión de expedientes

Algúns dos principais indicadores amosan que o funcionamento da Deputación é similar á habitual. Dende a declaración do estado de alarma o pasado 14 de marzo, aprobáronse 1.120 resolucións, houbo 4.432 entradas por rexistro e aprobáronse 633 pagos a empresas e provedores.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que o «intenso traballo» realizado polo persoal da área de Informática e Administración Electrónica permitiu á Deputación adaptarse en tempo récord ao teletraballo para seguir prestando os seus servizos aos concellos e a cidadanía.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...