O sector pesqueiro poderá solicitar ERTEs ante a caída de vendas

02 Abril 2020

A caída de vendas deixou ás mariscadoras galegas sen poder ir ao mar por falta de canles de distribución. Ase mesmo na frota de baixura faise imposible manter as distancias de seguridade recomendadas para evitar os contaxios. O sector levaba xa semanas preocupado ao non ter claro se podían acollerse ás medidas do Goberno para solicitar Expedientes de Regulación Temporal de Emprego ( ERTEs) e finalmente o goberno dixo que si.

A Consellería do Mar agradeceu ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que aclarase a cuestión a través de declaracións nos medios de comunicación. «É algo que nós demandamos fai máis dunha semana», indicou a conselleira Rosa Quintana. A titular de Mar pediu ás administracións comprensión para que a crise do coronavirus «non supoña unha quebra económica para o desenvolvemento futuro das súas actividades».

A conselleira mantivo contacto co presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, José Antonio Pérez Sieira, para analizar o impacto no sector do Covid-19.

No caso do marisqueo, explicou a Consellería do Mar, as caídas das vendas alcanzan xa o 96%. Pérez Sieira pediu tamén ao Goberno central unha simplificación dos trámites para poder acollerse ás axudas. «A petición de xustificación individual a cada mariscador da documentación que acredite o descenso de actividade en máis dun 75% provocará a sobresaturación da propia administración e das confrarías de pescadores nun momento no que o persoal non pode exercer o seu labor de forma normal», indica a través dunha nota de prensa.

Porto de Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Relevo en Portugal”. José Castro López

“Relevo en Portugal”. José Castro López

Comparto con muchos gallegos una vieja querencia por Portugal. Nos une la geografía, la historia y también algo tan profundo como la afinidad de carácter y una manera de entender la vida. Admiro su paisaje y sus monumentos, su cultura y su gastronomía, su hospitalidad...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.