O Psoe de Ribeira pregunta sobre a instalación dun quiosco permanente na Porta do Sol

25 Abril 2020

A realización das obras de albalinería dun quiosco permanente na praza da Porta do Sol (praza da Igrexa parroquial de Santa Uxía) fixo que os socialistas ribeirenses rexistraran unha serie de preguntas á xunta de goberno local. Queren saber en que xuntanza se aprobóu a concesión da licenza de obras, tamén requiren información relativa ao trámite de apertura da actividade para restauración e cal foi o procedemento de cambio de uso do quiosco, de desmontable a permanente.

O Psoe require información relativa a ocupación de espacio público, xa que a plataforma que antes ocupaba 6 m2., agora ocupa aprox. 10 m2., co cal casi duplica as dimensións do anterior quiosco, e dado que o destino do quiosco permanente a actividade restauradora e a posibilidade de poñer terraza anexa para bebidas e comidas, debería contar coa dotación de aseos públicos polo que quere saber si está contemplado este extremo na concesión da licenza de apertura.

Por último o voceiro do PSde G-Psoe, José Manuel Vilas Álvarez pregunta no escrito presentado sobre cales son as circunstancias que esgrime o Concello de Ribeira para autorizar a instalación do quiosco permanente na praza pública, e si se está facendo prevalecer o interés xeral sobre o interés particular, en base a qué criterio e si se busca a dinamización do espacio público.

Obras no quiosco da praza da Igrexa

Outros artigos

O ribeirense Julio Silva, protagonista dun roteiro en Santiago

Este xoves 10 de xullo, Santiago de Compostela acolleu un roteiro histórico e cultural que percorreu os pasos do ribeirense Julio Silva Vilas, destacado sindicalista, xornalista e activista republicano, asasinado polo réxime franquista en xaneiro de 1937....

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao...

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

Muchas veces el silencio mata. Han sido muchos los que en la II guerra, salvaron del holocausto a muchas vidas judías, Schindler, el español conocido como ángel de Budapest, Wallenberg, o el portugués Sousa Méndes. Todos ellos hacían el bien, por el bien, por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.