O Museo Municipal de Ribeira subirá ás redes catro vídeos sobre o naufraxio do Santa Isabel

02 Abril 2020

Na sesión destes xoves 2 de abril da Comisión de Seguimento da Evolución do COVID-19 do Concello de Ribeira informouse dunha nova acción divulgativa concibida con vistas ao vindeiro centenario do afundimento do vapor Santa Isabel na illa de Sálvora (será o 2 de xaneiro do ano que vén). Trátase da elaboración por parte da Sala Museo Municipal de Ribeira de catro pequenos vídeos centrados nesta traxedia coa fin de compartilos tanto nas redes sociais como na programación municipal en Canal Barbanza.

Segundo fixo saber o Concello de Ribeira, os vídeos combinan imaxes de época con outras extraídas dos fondos que acubilla o museo e que teñen relación co naufraxio. O primeiro versa sobre o afundimento do vapor, o segundo sobre as Heroínas de Sálvora, o terceiro sobre Luis Cebreiro e o cuarto sobre o libro recompilatorio que este oficial realizou e foi cedido pola familia ao noso museo no 2018. A intención do Concello é comezar a difundir os contidos esta fin de semana.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.