O Maio Vintage 2020, Pandemian Edition, entra na súa recta final

28 Abril 2020

Se ben o formato tradicional do mercado creativo boirense Maio Vintage terá que agardar a tempos máis tranquilos, o formato virtual leva semanas collendo forma, lembrándonos a importancia de seguir apostando polo consumo e a cultura de proximidade mesmo cando todo semella poñerse en contra desta aposta. Esta resistencia do Maio Vintage fronte á adversidade estivo collendo corpo no Facebook de seu, tal e como lembramos hai uns días dende esta web, baixo unha alentadora e positiva proclama: Haberá primavera. Segundo nos confirmaron, a Pandemian Edition do mercado Maio Vintage está xa na súa recta final: celebrarase este 2 de maio conmemorando oito anos de creatividade, alegría e comercio xusto.

No Facebook xa foron anunciadas algunhas das principais novidades dun programa máis festeiro ca nunca: as colaboracións de Nelson Quinteiro Cabaret cun contacontos infantil que se emitirá o sábado e de Charlatana Coop. Galega de Artistas e a súa punkdemia pallasa; os obradoiros de La doce, Diane Onlooker e deica!; a performance de Asociación Ambar e máis os concertos de Chamaquito Pistolas e Doctor Migraña, entre outras sorpresas.

Amais de todo isto, cómpre lembrar que as organizadoras e organizadores presentaron a semana pasada o “vale compromiso” do Maio Vintage que podemos compartir etiquetando ao comercio local, produtora ou tenda pequena con quen queiramos colaborar estes días ou, tamén, “cando todo isto da crise sanitaria e da pandemia pase finalmente”.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.