O IMER de Ribeira pon en marcha un programa de apoio emocional

14 Abril 2020

O Instituto de Mediación Educativa de Ribeira #IMER puxo en marcha, en colaboración co Concello, un servizo gratuíto denominado Programa de apoio emocional para afrontar o confinamento. A iniciativa está dirixida a estudantes do municipio.

Son cinco terapeutas e profesionais en psicoloxía os encargados de levar adiante esta iniciativa e a intención do proxecto é que os estudantes non estean sós e poidan participar, telemáticamente, en talleres con especialistas. Ademais os mozos recibirán asesoramento emocional e estratexias para afrontar o confinamento polo COVID-19.

O proxecto está dirixido a alumnos de ESO, bacharelato, FP e FP básica. Os interesados en sumarse a este programa poderán anotarse nos teléfonos 621 334 980 e 621 334 991. Un dos obxectivos do proxecto é reducir os desaxustes emocionais producidos pola prohibición de non estar en contacto co exterior. Tamén se trata de achegar aos participantes un catálogo básico de habilidades preventivas de conduta como a ansiedade, trastornos do soño ou da alimentación.

Olegario Sampedro do IMER RIBEIRA. Cedida

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.