O Goberno galego repartirá 4.000 libros nos hospitais, incluído o de Barbanza

23 Abril 2020

Con motivo do Día do Libro, este 23 de abril, o Goberno galego está a repartir nos hospitais da nosa terra un importante lote de obras para mitigar, con literatura e lecer, as estadías dos pacientes, os acompañantes e o persoal dos centros sanitarios, un total de 14 hospitais públicos entre os que se atopa o Hospital do Barbanza. A iniciativa levarase a cabo a partir deste xoves e durante as vindeiras xornadas. Poranse en circulación 4.000 libros galegos e farase fincapé na súa importancia para a nosa cultura, a nosa economía, o noso progreso e, agora máis ca nunca, para mellora na medida do posíbel as estadías nos fogares e nos hospitais de millóns de persoas.

Son libros procedentes das adquisicións da Consellería de Cultura e Turismo a editoras para o seu agasallo xeral e uso nas aulas hospitalarias.

A remesa está configurada de xeito maioritario por obras de literatura infantil e xuvenil en galego, e inclúe unha escolma de títulos para aproximarse ao patrimonio cultural e, especificamente, ao Camiño de Santiago, con volumes como A peregrina gastrónoma, escrita por María Canosa; pero, no seu conxunto procura cubrir a diversidade de gustos e temáticas lectoras, incluíndose títulos clásicos, obras arredor do persoeiro ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galega, Ricardo Carvalho Calero, ou monografías de sabios do país como Astronomía. A ollo ceibe de Ramón María Aller.

Os centros nos que se realizará son o Hospital Público do Barbanza, o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, o Hospital Público Virxe da Xunqueira, o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, o Hospital Público de Valdeorras, o Hospital Público de Verín, Hospital Público de Monforte, o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, o Complexo Hospitalario Universitario de Lugo, o Hospital Público da Mariña, o Hospital Público do Salnés e o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.