O Goberno galego envía 3.581 unidades de protección ás residencias e entidades sociais do Barbanza

28 Abril 2020

O Goberno galego vén de realizar un novo subministro de material de protección fronte ao COVID-19 con destino ás residencias e entidades sociais da comarca de Barbanza. Trátase dunha partida con 1.081 máscaras, 2.400 luvas e 100 traxes anti-salpicaduras. En total estamos a falar de 3.581 unidades de material.

Aos devanditos equipos súmanse diferentes lotes para os centros sociais do Barbanza, que recibiron esta semana 18 botes de xel hidroalcohólico e 6 garrafas de 5 litros de desinfectante. No reparto, segundo informou a Xunta, tivéronse en conta as peticións que os propios centros e entidades trasladaron á Administración autonómica “tendo en conta as súas necesidades actuais”.

Balance total

Ata o de agora, o Goberno galego leva realizado cinco envíos de material aos centros sociais da provincia que suman máis de 664.000 unidade de protección. Concretamente, 293.200 luvas, 356.332 máscaras, 15.193 traxes anti-salpicaduras e 808 pantallas de protección facial.

Estas entregas estanse a realizar a través da plataforma loxística que a Xunta puxo en marcha para centralizar a adquisición e a distribución de material de protección durante o Estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.

Outros artigos

“Bórtolo”. Xulio Xiz

Cando en 1967 nacía aquela fermosura radiofónica que se chamaba Radio Popular de Lugo, mozos e mozas poboadores daquela marabilla sonora poderiamos cantar canda Serrat aos nosos gozosos vinte anos. Era unha iniciativa relixiosa, gobernada por civís que nos fixemos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Con las víctimas, nada de ideologías”. José Fernández Lago

“Con las víctimas, nada de ideologías”. José Fernández Lago

El Gobierno español, con el presidente de Andalucía y SS. MM. los Reyes de España, habían llegado a un acuerdo para hacer un Funeral de Estado el 31 de los corrientes, a modo de una especie de homenaje a las víctimas del accidente ferroviario de Adamuz. Por su parte,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.