O Concello de Rianxo axuda á veciñanza a evitar calotes polo móbil

15 Abril 2020
Businessman using tablet at night time

A crise sanitaria e o Estado de Alarma poñen en xogo un máis que relevante compoñente humano de solidariedade, pero tamén o contrario. Desta vontade de determinadas persoas e colectivos de tirar proveito da situación de emerxencia e vulnerabilidade social xorde unha marea de correos e mensaxes de móbil falsas (que semellan vir da Axencia Tributaria e de todo tipo de entidades financeiras) que están encamiñadas a enganar aos cidadáns para que estes acheguen os seus datos privados e bancarios (por exemplo as claves de acceso) e tentar roubarlles cartos e información. Tendo en conta a proliferación destas tentativas de calores, o Concello de Rianxo puxo en marcha un servizo para convidar ás veciñas e veciños que sexan vítimas destas actividades a compartilas a través do correo informatica@concelloderianxo.gal e o teléfono 667 18 55 77 (Telegram ou WhatsApp).

Segundo informa o Concello, o servizo está a disposición de todos os cidadáns que reciban un correo ou unha mensaxe sospeitosa das devanditas características e que ofrezan dúbidas sobre a súa autenticidade. Estes correos e mensaxes poderán ser reencamiñados á dita conta de correo e ao dito número de teléfono, ben reenviándoos, ben facendo chegar unha captura fotográfica. Dende Informática do Concello comprobarán se as misivas son seguras ou falsas e, no caso de ser fraudulentas, enviaranse ás autoridades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.