O Concello de Boiro recibe unha doazón de tela de Jealfer para a confección de mascarillas

19 Abril 2020

O Concello de Boiro recibiu unha doazón de material para a elaboración de
mascarillas de protección por parte de Jealsa a través da empresa Jealfer. Un grupo de costureiras voluntarias vai comezar a confeccionar un total de 25.000 mascarillas para distribuír entre a cidadanía previr contaxios polo virus COVID- 19.
Os operarios de Protección Civil recolleron o envío de tela doada por Jealsa para a elaboración de mascarillas, e comezaron o reparto entre un grupo dunhas 50 persoas voluntarias que, nas súas casas, as confeccionan.
Está previsto que nas vindeiras semanas se realicen un total de 25.000
unidades, que se van destinar para distribuír á poboación xeral máis exposta ao virus.
A tela, xa cortada, vaise repartir entre as 50 costureiras voluntarias que se organizaron para a elaboración de mascarillas, debido á ausencia delas nas
farmacias para a poboación xeral. As persoas voluntarias son, na súa maioría, de Boiro, pero tamén hai algunhas de Pobra e Rianxo, e xa confeccionaron e realizaron un envío de mascarillas para o persoal do Hospital do Barbanza.
O Concello de Boiro recibe envíos puntuais de material de protección da
Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña para persoal que traballa en
limpeza, atención a persoas… e que están máis expostos aos contaxios. As
mascarillas confeccionadas por este grupo de costureiras voluntarias vanse
destinar para distribuír entre a poboación xeral.

Mascarillas Jealsa

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.