O Concello de Boiro mantén abertos os paseos e espazos verdes públicos do municipio

29 Abril 2020

O Concello de Boiro abriu este domingo paseos públicos e áreas verdes do municipio, que ata o de agora estaban pechados para garantir que se respectasen as medidas decretadas polo Estado de Alarma. O obxectivo desta medida é que pais e fillos puidesen usar para os paseos diarios unha vez que o goberno autorizou as saídas de menores e manter eses espazos abertos de cara a maiores permisos decretados pola administración central.

Están abertos os paseos marítimos como o de Carragueiros, Barraña, Escarabote ou o da Ribeira Grande e tamén os paseos do río Breiro e o do estuario do Coroño. Está tamén aberto o parque da Cachada, aínda que so o seu acceso pola entrada principal da Avenida de Barraña. Algunhas pasarelas e accesos dos espazos públicos do municipio seguen pechados por motivos de seguridade, ao non poder garantirse que se manteña a distancia interpersoal, e tamén para controlar a entrada de xente e evitar aglomeracións nos mesmos.

A Policía Local incrementou nestes días o control, sobre todo destas áreas, para coidar que non se usen nin se acceda a parques infantís e biosaludables, espazos recreativos e áreas e instalacións deportivas, que seguen pechadas ao público. Nos primeiros días de desconfinamento infantil, as saídas foron prudentes e controladas e non se produciron incidencias no municipio.

Os axentes van intensificar os controis de cara ao festivo e fin de semana, sobre todo para coidar de que non se incumpran as restricións do goberno en canto ao tempo de paseo ou distancia do domicilio. Desde o Concello alertase á poboación da importancia de ser responsables e manter sempre as medidas de hixiene e seguridade para previr contaxios.

Paseo da Avenida de Barraña (Boiro)

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.