O Concello de Boiro adhírese á reivindicación do comercio local do Maio Vintage (este 2 de maio en versión online)

30 Abril 2020

O Maio Vintage de Boiro, o festival-mercadiño do comercio de “toda a vida”, ía ser este ano unha realidade si ou si, entre outras cousas porque o espírito que alenta o acontecemento, esa defensa radical do consumo e a cultura de proximidade, semella ser un espírito invencíbel a proba de pandemias. Asumido o reto de realizar a nova edición en formato virtual, este 2 de maio, a organización (a asociación Creaturas) foi recibindo apoios de xeito continuo dende o intre en que se confirmou a convocatoria online. Por exemplo o apoio do departamento de Cultura do Concello de Boiro, que confirmou a súa colaboración na versión máis dixital deste festexo da cultura e o comercio local e, tamén, nas vindeiras edicións.

O Concello confírmanos que a asociación cultural Creaturas ten programada “unha xornada completa con contidos para todos os gustos”. Deste xeito, Nelson Quinteiro colgará nas redes un contacontos para nenos e nenas, Deica creacións vai facer un directo en Instagram sobre o deseño gráfico e Charlatana cooperativa galega vai poñer a disposición de todas as persoas interesadas os seus vídeos de Charlatana na casa.

Amais, as produtoras locais Diane Onloocker, María Magán e Píkara van facer obradoiros online e a asociación Ambar, de persoas con capacidades diferentes, colgará nas súas redes unha performance. Tamén haberá música a través das pantallas, con Chamaquito Pistolas, Doutor Migraña e Swing Compostela.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.