O Centro de Día de Boiro lanza unha iniciativa para seguir facendo comunidade entre os maiores no confinamento: o proxecto Conect@dos

28 Abril 2020

As redes permiten o que non se imaxinaba antes da pandemia: que servizos e entidades sociais de toda índole sigan operativos malia a crise sanitaria e as restricións á actividade presencial. O Centro de Día de Boiro, que pechou as portas ao público o 16 de marzo, cando se decretou o Estado de Alarma, é un exemplo desta permanencia en espera da volta á normalidade, unha permanencia que dá un novo paso co proxecto Conect@dos.

A operatividade a distancia comezou dende o primeiro intre, co equipo terapéutico realizando seguimento telefónico estreito das persoas usuarias e as súas familias, para ofrecerlles solucións e atención específicas adaptadas á súa situación persoal, sobre todo naqueles casos de persoas maiores que viven solas ou padecen demencia.

Agora, os traballadores do Centro de Día de Boiro puxeron en marcha o proxecto Conect@dos, co que se creou unha rede de difusión para que persoas usuarias e familiares recibisen información en diversos formatos. A idea, explican, é que “os maiores, durante o confinamento, poidan recibir apoio para promover o seu benestar físico, psicolóxico e social”.

A través deste proxecto o persoal do centro envía guías ás persoas coidadoras no confinamento, elaboradas polas traballadoras e traballadores do centro, e tamén vídeos de apoio con ideas para a realización de actividades adaptadas a cada caso no fogar.

A iniciativa pretende ser de sentido dobre. De feito, está na base do servizo facer un chamamento ás persoas usuarias e ás súas familias para participar “enviando vídeos, audios e fotografías” que reflictan o desenvolvemento das actividades propostas. O obxectivo é estreitar as ligazóns entre os maiores, “que se sintan acompañados durante este tempo”, e “facer o confinamento máis agradable e tamén coidar da saúde emocional dos maiores”.

Outros artigos

Boiro Novo denuncia a tala de árbores do parque da Cachada

A agrupación Boiro Novo, a través seu concelleiro Xurxo Triñanes, emitiu un comunicado no que denuncia a tala de árbores perpetrada no parque da Cachada, coincidindo coa remodelación do edificio da Casa da Cultura. "Este mércores volvemos ser testemuñas dun novo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.