O BNG de Ribeira pide a Portos e Costas que ceiben do pago das taxas ás empresas

30 Abril 2020

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira vén de presentar propostas para impulsar a reactivación dos sectores turístico, industrial e hostaleiro durante o proceso de desascalada, un impulso que, segundo fan saber, debe ser conxunto (debe proceder do traballo coordinado das administracións) e debe pór o foco en “paliar as consecuencias sociais e económicas que vai provocar o período de parálise tan longo e extraordinario”. En palabras do concelleiro Luís Pérez Barral, “as persoas e colectivos produtivos máis vulnerábeis non poden ficar atrás nin pagar as consecuencias da crise sanitaria”. Para contribuír a ese propósito, o BNG fixo propostas para ceibar de certas cargas á industria, a hostalaría e o turismo con presenza no bordo litoral.

Ao fío do devandito incluíuse un chamamento ás administracións que xestionan o borde litoral do concello de Ribeira, que son Portos de Galiza e outra parte pola Xunta e por Costas del Estado, sendo estas entidades as responsábeis, tamén, da xestión das actividades económicas que se desenvolven neste terreo. Isto, sinala o concelleiro, implica un cobro de taxas aplicábeis a eidos diversos, como a instalación de empresas, de terrazas e de chiringuitos de praia ou polo amarre de embarcacións destinadas ao transporte turístico de pasaxe. Tendo en conta os atrancos que van supoñer estas taxas para moitas iniciativas empresariais (industriais, hostaleiras e turísticas), o BNG solicita ás administracións que eximan ás mesmas do pagamento destas cargas durante o tempo en que ficaron pechadas.

Para Pérez Barral, todos estes negocios víronse e veranse prexudicados “pola previsíbel redución da clientela que terán en verán, polo que Portos debe deixar o seu afán recadatorio e bonificar as taxas das terrazas que pagan os bares ou os amarres que pagan as empresas turísticas”.

Os nacionalistas piden que Portos estude e implemente todas as vías legais para poder eximir ás empresas do pagamento de taxas portuarias polo exercicio de actividades comerciais, industriais e de servizos durante o tempo que estiveron fechadas pola declaración do Estado de Alarma. Tamén queren que se aplique unha exención de taxas por amarre de embarcacións de empresas turísticas.

Por outra banda e con respecto aos establecementos temporais que se instalen nos areais, os nacionalistas instarán á Xunta e a Costas a aplicar unha bonificación ou redución das taxas pola baixada que terán dos ingresos neste ano atípico no que apenas haberá fluxo turístico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.