O BNG de Barbanza esixe unha saída socioeconómica “xusta” para o sector do mar

06 Abril 2020

En relación ao sector do mar, “un dos máis afectados pola crise do COVID-19”, os grupos municipais do BNG están a propoñer unha serie de medidas para facer posíbel “unha saída social e económica xusta” para o o dito tecido produtivo no actual Estado de Alarma decretado polo Goberno central, que, entre outras disposicións, levou por diante boa parte das canles habituais de comercialización dos produtos pesqueiros e marisqueiros. Para o BNG, a Xunta e o Goberno central deben actuar de “maneira coordinada” para paliar as consecuencias negativas da crise sanitaria no sector.

Segundo fai saber a responsábel comarcal, Elvira Branco, hai cinco medidas básicas que reclama o BNG: “Decretar o peche do marisqueo por causa de forza maior e con compensacións económicas; garantir a seguridade nos barcos, coa saída comercial do peixe descargado nas lonxas; demandar ao Goberno central a rebaixa do limiar para acceder ás axudas por peche; pór en marcha axudas para as confrarías co fin de garantir a súa actividade; e finalmente, reclamar as modificacións necesarias para o uso dos fondos de Pesca da UE”.

A proposta xorde dunha reunión que a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, mantivo por videoconferencia con diferentes representantes do sector do mar.

Ao fío do devandito, os nacionalistas urxen aos concellos a reclamar que a Xunta atenda as súas demandas e decrete “a suspensión provisional da actividade de marisqueo ocasionada por causa maior, derivada do Estado de Alarma por carecer de carácter esencial e primeira necesidade”. A recomendación do BNG é que Galiza siga o exemplo de Asturias, onde se decretou o peche dos devanditos sectores, cousa que, sinala a agrupación, aínda está pendente de decretarse por parte da Xunta e a Consellería do Mar. O grupo considera que “é preciso” que a Consellaría do Mar actúe e se coordine co Goberno español, declarando a paralización temporal de todas aquelas actividades nos bancos marisqueiros, a pé, a flote e a mergullo, e as actividades que teñan como destino fundamental do produto o sector da restauración ou non teñan saída por falta de demanda.

Por outra parte, salienta que resulta “urxente” adoptar as medidas necesarias para que as persoas afectadas “perciban axudas que lles permitan sobrevivir”, e garantir a plena salvagarda dos dereitos “dos profesionais do mar de Galiza”, ata que poida normalizarse a situación con plenas garantías.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desaparecerán muchos bares” – José Castro López

“Desaparecerán muchos bares” – José Castro López

Los bares forman parte de nuestra identidad nacional. Son como “un corazón económico y social” que late a diario en las calles de ciudades y pueblos, un punto de encuentro y de intercambio de historias entre generaciones. En ellos se mezclan edades, ideologías,...

“Veñen os Reis”. Xulio Xiz

“Veñen os Reis”. Xulio Xiz

Son devoto dos Magos, malia que non me prestaron atención ata que fun maior. Este día cinco estiven á súa beira en Begonte e en Lugo, confortado por unha información radiofónica que xustificaba que puidesen estar á vez en milleiros de lugares de todo o mundo. Xa que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.