Nova marea solidaria no concello de Ribeira contra a pandemia de COVID-19

02 Abril 2020

A sesión deste xoves 2 de abril da Comisión de Seguimento da Evolución do COVID-19 do Concello de Ribeira foi novamente unha fonte de novidades sobre a loita contra a pandemia despregada no termo municipal. Entre as cousas dadas a coñecer na reunión figuraba unha historia de solidariedade tecnolóxica: a implicación de dous voluntarios ribeirenses, Geni Lago e Alba Sieira, que veñen de poñer a disposición do Consistorio preto de 40 máscaras fabricadas por eles con impresoras 3D. Na sesión tamén se deu a coñecer a importante contribución do Motoclub Os Reventapistóns, cuxos integrantes veñen de doar diverso material sanitario, previa colecta entre os seus socios. No capítulo de accións solidarias tamén se destacou o labor de Carnicería Juana, por achegar produtos de alimentación; de Construccións AMC, que tamén cedeu material sanitario; e de Loida Fernández Troskita pola súa activa campaña de felicitación a través de Internet.

Así mesmo, informouse do reparto de alimentos mercados polo Concello en Cash Galicia con destino a Cáritas Parroquial (un reparto celebrado este mes xoves), e acordouse próximas entregas de máscaras a Gadis Hiper e de desinfectante ao 061.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...