Máis de 10.000 galegas e galegos no exterior seguiron a inauguración virtual da Aula Galicia Aberta

29 Abril 2020

A Secretaría Xeral de Emigración está a envorcar esforzos en manter abertas as redes de comunicación, interacción e irmandade coas galegas e galegos que residen no exterior, unhas redes de especial importancia durante estes tempos de confinamento, decretos de alarma e crise sanitaria. Onte o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, celebrou a inauguración da Aula Galicia Aberta, o novo programa impulsado polo departamento autonómico destinado a achegar formación virtual sen límites xeográficos.

A experiencia foi “todo un éxito”, segundo a Secretaría Xeral, xa que foi seguida na súa primeira clase por máis de 10.000 galegos, tanto dende a súa retransmisión a través de Facebook Live como posteriormente na propia rede social da Secretaría, GaliciaAberta.

A sesión de canto pandeireta impartida por Leni Pérez, formada por unha parte formativa e divulgativa e unha titoría posterior, recibiu, só nas primeiras horas desde a súa emisión en directo e só a través de Facebook, máis de 2.000 interaccións, preto dun milleiro de comentarios e foi compartida por máis de 125 persoas. A clase xa está dispoñíbel no resto de redes sociais e na propia web da Secretaría, Galicia Aberta (emigracion.xunta.gal), xunto ao resto de información acerca desta nova iniciativa.

A Aula Galicia Aberta ten o obxectivo de “achegar a cultura e tradicións de Galicia a todos os galegos do mundo e minimizar as limitacións formativas que a pandemia do coronavirus está a ocasionar nas preto de 200 entidades de orixe galega que hai repartidas polo planeta, nomeadamente en Europa e América”.

Os asistentes a esta primeira clase virtual, que chegou a máis de 17.000 persoas, reproduciron un total de 45.000 minutos da sesión formativa, dirixida non só a xente con coñecementos previos na disciplina, senón tamén a aqueles que queren achegarse a ela desde cero.

Canto e pandeireta continuarán centrando, grazas a Leni Pérez, os seminarios dos luns durante as vindeiras nove semanas, mentres percusión farao os martes con Alexandre Fernández Castro, gaita os mércores con Jhonathan Ferreira, e baile os xoves con José Antonio Viñas, todos en horario de 20 a 21 horas para o contido lectivo, e de 21 a 22 para resolver as dúbidas.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.