Grazas de “O Barbanza”. Seguimos crecendo e superamos os 26.700 visitantes únicos en marzo

01 Abril 2020

O ano pasado iniciabamos a aventura de “O Barbanza“. Pertecente o “Grupo Código Cero Comunicación” editora da revista de novas tecnoloxías e ciencia de Galicia “Código Cero” e da web “codigocero.com“, é un proxecto que conta cunha revista mensual gratuita que distribue 7.000 exemplares nos concellos de Ribeira, A Pobra, Rianxo, Boiro, Dodro, O Son e Noia, e unha web plantexada como diario dixital tamén de balde.

Rematamos marzo e a nosa web “obarbanza.gal” superou os 26.700 visitantes únicos cunha media/día de 1.380 leitores de novas, o que duplica a cifra de siareiros do mes de febreiro e multiplica por tres os de xaneiro. Parellamente a nosa rede social facebook contou con mais de 32.000 visitas.

Como curiosidade a nova do mes mais leida foi: a da policia-local-de-rianxo-denuncia-a-oito-persoas-e-un-establecemento-hostaleiro-por-incumprir-as-restricions-impostas/ con 4.368 accesos. Tamén conseguen máis de 3 mil accesos outras tres novas (a dos auto-tests, as sancións en Boiro e a da declaración da emerxencia sanitaria.

Grazas por seguirnos e esperamos contar co voso apoio dándolle difusión á web e mandándonos información a redaccion@obarbanza.gal ou o noso whasapp 608240160. Con iso seguiremos crecendo e queremos ser o voceiro das vosas inquedanzas e preocupacións.

Desgraciadamente a actual situación de alarma obrigounos a suspender temporalmente a saída da revista en papel que voltará tan pronto se normalice a situación.

Mentres deixamosvos co tema Resistiré a emblemática melodia que é xa o himno desta pandemia. Trátase dunha adaptación da composición do Dúo Dinámico con letra do xornalista deportivo Carlos Toro Montoro. A versión actual foi feita por 30 músicos( Alex Ubago, Andrés Suárez, Álvaro Soler, Blas Cantó, Carlos Baute, Bisbal…) para a Cadena 100 e todos eles, autores e intérpretes, cederon os dereitos de recadación para a ONG católica Cáritas. Disfrutadea e darlle difusión. Unha aperta do equipo de O Barbanza, ánimo e lembrade quedarse na casa.

Resistiré Cadena 100

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.