En marcha unha campaña que enxalza as vantaxes dos nosos produtos do mar en tempos de confinamento

08 Abril 2020

A Consellería de Mar vén de lanzar unha campaña transmedia para impulsar o consumo de peixe nos fogares durante o confinamento, tanto pola calidade dos produtos que chegan ás nosas prazas e establecementos como pola necesidade de seguir apoiando ao sector pesqueiro neste tempos de crise sanitaria e económica. Esta acción, desenvolvida baixo o lema Merca produto fresco do mar. Estamos no mesmo barcotamén se dirixe a recoñecer a entrega e esforzo dos profesionais do mar: os milleiros de profesionais dos nosos barcos, lonxas e confrarías.

A campaña foi presentada pola conselleira Rosa Quintana, quen puxo o foco nas dificultades polas que está a pasar o sector durante esta crise sanitaria ao tempo que salientou o seu papel clave para “asegurar o abastecemento de alimentos de calidade á sociedade”, produtos que “entre outros grandes beneficios saudábeis achegan a vitamina D que non se pode obter do sol debido ao estado de reclusión das familias durante o Estado de Alarma”.

A conselleira lembrou que “adquirir produtos do mar galego nestes momentos supón apoiar ás arredor de 40 lonxas que seguen abrindo as súas portas cada día, ás máis de 10.000 mulleres e homes que saen ao mar, ás praias ou ás bateas cada xornada deste período de estado de alarma e que poñen no mercado case 700 toneladas de distintos alimentos de gran calidade así como ás arredor de 2.000 embarcacións que saíron ao mar nestes días dos portos galegos para faenar”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.