CONGALSA organiza un concurso para sacar o talento artístico da rapazada nestes tempos de COVID-19

27 Abril 2020

A empresa pobrense COGALSA, referente en alimentación e produtos conxelados, está a poñer en marcha medidas para mitigar os efectos da pandemia. Se a comezos de abril deu a coñecer unha liña de doazóns de produtos con destino a diversas entidades sociais da comarca, a semana pasada puxo o foco nos máis pequenos do fogar e puxo en marcha un concurso de debuxo infantil, o certame A miña familia en casa. A iniciativa abéirase ao Proxecto Persoas de CONGALSA, e vai destinado “aos máis peques do noso equipo humano para así motivarnos estes días de confinamento”.

Segundo informa a empresa, o concurso consiste nun chamamento aos integrantes do equipo de traballadores da empresa que teñan familiares de idades comprendidas entre os 3 e os 13 anos, para que fagan un debuxo retratando o que supón para elas e elas estes días en casa nos seus domicilios e que o manden logo por WhatsApp. Das tres categorías establecidas seleccionaranse un gañador ou gañadora. Ademais do premio establecido para cada modalidade, todos os participantes recibirán un agasallo sorpresa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.