Cinco meses de cárcere para unha muller que fixo repetidos chamados nos timbres da praza de Vigo de Ribeira

13 Abril 2020

O xulgado de garda de Ribeira vén de condenar a cinco meses de cárcere a unha muller como “autora dun delito de desobediencia, coa agravante de reincidencia”. A sospeitosa, que segundo fontes xudiciais xa fora sentenciada por feitos semellantes esta mesma primavera (o 24 de marzo e o 9 de abril, ou sexa, durante o Estado de Alarma polo COVID-19) amosou a súa conformidade coa pena, polo que a xuíza ditou sentenza oral na sala. A muller recoñeceu que na noite deste 13 de abril premeu nunha chea de timbres de domicilios da contorna da praza de Vigo, que remataron por alertar á Policía.

A condenada, ao ver chegar aos axentes, encarouse con eles e esgrimiu, ao preguntarlle polas motivacións da súa actitude, que a chamada aos domicilios respondía simplemente a “porque lle daba a gana”. A muller tamén insultou aos axentes e persistiu nun delito de desobediencia, xa que non depuxo a súa actitude malia terllo requirido en repetidas ocasións.

A xuíza denegou nun auto a suspensión da condena de cinco meses de cárcere, polo que a arrestada ingresará en prisión. “O actuar ilícito e continuo da condenada, obviando as graves circunstancias sanitarias concorrentes, obrigan a non suspender a pena de prisión imposta”, destaca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.