Chegan a Ribeira 15.000 máscaras doadas por FRINSA

27 Abril 2020

A sesión deste luns 27 de abril da Comisión de Seguimento da Evolución da COVID-19 foi, novamente, un importante parte informativo sobre as accións levadas a cabo en Ribeira, e por levar, para pór freo ao avance da pandemia e protexer á poboación. Segundo se fixo saber, este mesmo luns chegaron a Ribeira as 15.000 máscaras que tiña programado enviar a empresa local FRINSA para incrementar a protección contra a pandemia no concello.

Trátase, en palabras do equipo da Comisión, “dunha notábel contribución de cara á última fase do reparto domiciliario deste material entre toda a poboación do municipio”. Amais de agradecer a doazón de FRINSA, na sesión tamén se enxalzou a solidariedade da empresa ABC Boiro polo subministro de 50 pantallas de protección individual.

No que se refire á situación do reparto nos fogares, informouse de que tras o remate (esta fin de semana) da distribución de elementos de protección na parroquia de Palmeira, o Concello afronta agora as súas dúas últimas parroquias, que son a súa vez as máis populosas: Aguiño e Santa Uxía, na que se comezará polos seus núcleos periféricos antes de afrontar o casco da cidade.

No capítulo de denuncias por vulnerar o confinamento, tramitouse unha máis cinco actas de requirimento.

Arcos de control de temperatura e desinfección

Para rematar, fíxose saber que no marco do plan local de desescalada, a Comisión deu luz verde ao encargo de tres arcos de control de temperatura e desinfección que serán colocados na entrada de diversas dependencias de titularidade municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.