As nosas bibliotecas manteñen vivos na Rede os relatos orais con A Hora do Conto

01 Abril 2020

Quen andara estes días polas redes sociais das nosas bibliotecas municipais puido comprobar que seguen activas levando a cabo online o seu importante labor de achegarnos ao coñecemento e ao lecer nas súas moitas e diversas manifestacións, un labor que co confinamento ao que nos obriga o Estado de Alarma, preséntase como crucial e imprescindíbel. Alén das iniciativas que están a pór en marcha as bibliotecas a título individual, tamén hai actividades conxuntas e participativas que fan máis levadía a reclusión das familias nos seus fogares e que poñen o foco nas nenas e nenos. Por exemplo a iniciativa A Hora do Conto, no que colabora unha manchea de bibliotecas municipais (incluídas as de Boiro e Rianxo) e máis a editorial Kalandraka a través da páxina web Kalandraka.tv. Trátase, segundo indicaron, que un dos colectivos máis prexudicados polo confinamento forzoso, a rapazada, siga a desfrutar estes días das sesións de contacontos.

A contadora Bea Campos, unha das participantes na iniciativa

A orixe

A xénese desta iniciativa está na comunicación establecida entre as bibliotecarias e o bibliotecarios da nosa terra a través das redes sociais dende hai uns cantos anos, unha comunicación que estes días, por razóns obvias de limitación da actividade presencial, foi definitivamente a máis, tanto a través de Whatsapp (cunha canle común na que teñen presenza máis dun centenar de bibliotecas) como tamén (e sobre todo) por medio do Facebook. De aí a poñer en marcha unha proposta colectiva online que mitigase o confinamento e fixera realidade a posibilidade de achegar os relatos orais aos máis pequenos da casa, só houbo un paso.

Cada día, ás 17.00 horas, unha biblioteca da nosa terra, por orde alfabético, elixe un videoconto, para poñer nas redes sociais das distintas bibliotecas municipais e cos cancelos #quedanacasaele #quedateencasaylee e #bibliotecasmunicipais.

Os días pasados boa parte da nosa rapazada foi tan puntual a esta cita como os habitantes de certa illa a tomar o té da tarde exactamente á mesma hora. O día 24 puidemos ver A mosca chosca (un conto popular ruso da editorial Kalandraka), ao día seguinte (á mesma hora) Juan Sin Miedo na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, o día 26 foi a quenda de A cebra Camila, tamén de Kalandraka, o 27 pediu paso Cocorico (editorial OQO), o 28 de marzo foi a quenda de A Bruxa Regañadentes (tamén de OQO) e onte mesmo as bibliotecas elixiron a historia de María Pita.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.