A Xunta mantén os traballos de conservación de Sálvora e demais illas do parque nacional

28 Abril 2020

A Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda mantén os traballos e actuacións de mantemento e conservación dobiodiversidade no Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e a directora axunta do Parque Nacional
Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, Montserrat Martínez, mantiveron estamañá unha reunión –por videoconferencia- para facer un control das distintas accións que seestán a levar a cabo nas diferentes illas durante a crise sanitaria do Covid-19.
Tal e como explicou a conselleira, para a conservación dos valores naturais que atesouranos diferentes illotes que conforman o único parque nacional na Comunidade galega é necesario manter un mínimo de actividade cun grupo reducido de axentes que traballen en tarefas imprescindibles de conservación, vixilancia e mantemento.
Neste sentido, ao longo deste período de confinamento, os axentes medio ambientais mantiveron tarefas como a detección temperá de fauna exótica invasora (principalmente, o visón), a colocación de gaiolas para trampeo e revisión diaria das mesmas e fototrampeo, ao seguimento e avistamento de fauna: lontra, aves, mamíferos mariños, co fin de detectar posibles varamentos, así como o control de rebrote e aparición de flora exótica.
Outras tarefas que tamén se manteñen son as silvícolas, co fin de manter as condicións óptimas que permitan a nidificación das aves mariñas nas illas do Parque Nacional. Estas actuacións previas ao período de nidificación, consisten en realizar cortas de vexetación de especies alóctonas invasoras consideradas de maior risco de inflamabilidade de medio e gran porte dos xéneros acacia (Acacia spp.) e eucalipto (Eucalyptus spp.), na retirada e
transporte de vexetación, restos de podas e trozas de madeira ubicadas nas marxes dos camiños e nas áreas de corta; así como de exemplares en mal estado de conservación, especialmente do xénero eucalipto (Eucaliptus spp.), co obxectivo de minimizar os riscos por caída de ramas nos camiños de uso público e mellorar a seguridade das persoas.

Outro dos puntos abordados na reunión foi a proposta de prolongar a tempada alta no conxunto do Parque Nacional das Illas Atlánticas até o 15 de outubro, se as directrices do Goberno central así o permiten, tal e como onte avanzaron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, no decurso dunha xuntanza con representantes das navieiras encargadas do transporte regular de visitantes ás illas.
A tempada alta no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, tal e como se recolle no Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) deste espazo protexido, vai dende o 15 de maio até o 15 de setembro, ambos incluídos, así como a Semana Santa. A propostaconsiste en estender un mes respecto ao período fixado. O que permitiría unha recuperación parcial de ingresos e actividade para estas empresas do sector turístico, coadxuvando a todo o sector que opera nestas áreas da franxa costeira galega. O tema porase en
comunicación do Goberno Central aos efectos de que, se o estima, se pronuncie de xeito favorable ou desfavorable, dado que se trata dun espazo natural que goza da categoría de Parque Nacional.
Esta proposta, que é unha medida excepcional que non alterará o contido do PRUX nin o cupo de visitantes, será levada á vindeira reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), como trámite previo á consulta do Goberno central.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e a directora axunta do Parque Nacional
Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, Montserrat Martínez,

.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

Este ano de 2024 celebramos meio século dende aquele Abril dos Cravos, Portugal era uma ditadura, os jovens capitães rebelaram-se e tomaram o poder, sendo um exemplo global ao entregar o poder ao povo.O contra-sinal do levante era “E depois doa deus”, depois a...