A Deputación da Coruña achega 7 millóns para contratar 280 profesionais dos servizos sociais nos concellos

17 Abril 2020

A Deputación da Coruña deu a coñecer este venres 17 que vai destinar preto de 7 millóns de euros a contratar 280 profesionais dos servizos sociais nos concellos da provincia. O programa, que abrangue o financiamento de 291.000 horas de traballo, é unha das medidas da entidade provincial para mitigar as consecuencias da crise sanitaria nos concellos de tamaño máis reducido, que viron perigar estes días as posibilidades de fortalecer os seus servizos sociais “xusto no intre en que son máis necesarios”, en palabras da Deputación.

O programa permite aos pequenos e medianos municipios dotarse de persoal técnico especializado, persoal administrativo de apoio e de axuda a domicilio. Segundo fixo saber este venres Valentín González, presidente da Deputación, trátase “duns profesionais que atenden cada día as necesidades de miles de cidadáns con problemas de índole social e económica, que con frecuencia pertencen a colectivos especialmente vulnerábeis: infancia, mulleres vítimas de violencia, persoas con especiais dificultades de inserción laboral, maiores sen recursos ou con discapacidade”

A través deste programa, a Deputación co-financia 291.000 horas de servizo de axuda a domicilio cun prezo de 12 euros por hora. Tamén se financia o 100% do salario das persoas contratadas como persoal administrativo (18.000 €/ano), persoal técnico A2 (22.000 €) e persoal técnico A1 (26.000 €). Podemos consultar os datos da iniciativa no BOP correspondente.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...