O Goberno central continúa a repartición de máscaras a entidades benéficas, centros de maiores e o tecido social da Comunidade. Nos dous primeiros días da semana, desenvolveuse unha destacada acción de distribución de máscaras en 260 puntos da xeografía galega, co obxectivo de chegar aos traballadores que retomaban a súa actividade tras a hibernación e desprazábanse en transporte público. Agora, esta actuación intensifícase coa entrega de máscaras ao tecido social galego, coa intención de chegar ao maior número de persoas que desenvolven a súa actividade en sectores esenciais vinculados ao ámbito social. A Delegación do Goberno xa estableceu contactos con entidades benéficas, centros de maiores e asociacións do tecido social da Comunidade para dar resposta ás súas necesidades. Desta maneira, desde hoxe comeza a entrega de máscaras para aumentar a protección xa non só nos desprazamentos, senón tamén no desenvolvemento das actividades. O delegado do Goberno quixo agradecer o esforzo da Policía Nacional, a Garda Civil, a Policía Local e as agrupacións de Protección Civil dos concellos de Galicia, que fixeron posible chegar a boa parte dos galegos que traballan en sectores esenciais. A entrega das 602.000 máscaras levouse a cabo sen aglomeracións nin problemas de distribución. Un feito vinculado á colaboración entre administracións e a responsabilidade cívica, dunha sociedade comprometida e consciente da emerxencia sanitaria. De feito, hoxe continuou nalgúns municipios onde onte foi festivo, como é o caso de Monforte de Lemos, en Lugo. O delegado do Goberno lembrou, como en días anteriores, que o uso de máscaras “non é obrigatorio, pero si recomendable” e reflexionou , ademais, sobre a importancia de protexer tamén a quen está obrigados a continuar na rúa para loitar contra o virus como o persoal sanitario, as forzas de seguridade ou os traballadores de servizos esenciais como a alimentación.
DISTRIBUCIÓN DE MASCARILLAS EN GALICIA
PROVINCIA UNIDADES
A CORUÑA 250.000
LUGO 74.000
OURENSE 68.000
PONTEVEDRA 210.000
