A Cidade da Cultura activa un curso en liña para converternos en expertos en fotografía durante o confinamento

24 Abril 2020

O Goberno galego, ao abeiro da súa campaña de lecer e formación #aculturasegue, vén de activar nas redes sociais e máis na web da Cidade da Cultura un curso formativo para axudarnos a mellorar, con diversas técnicas e dende as oportunidades de formación que nos ofrece o confinamento, a nosa habilidade coas fotografías que facemos co móbil. O curso en liña Clic Xanela foi concibido para un público adulto sen necesidade de coñecementos previos sobre fotografía dixital.

Cada semana, o fotógrafo Óscar Corral compartirá nas redes sociais e na páxina web da Cidade da Cultura técnicas que facilitarán “de xeito sinxelo e a calquera tipo de usuario” realizar mellores fotografías instando a levalas a cabo desde as xanelas das e dos participantes.

Entre os consellos, os participantes atoparán desde os máis básicos de iniciación até ao dominio da luz, a harmonía cromática, a composición e disposición dos elementos a fotografar ata chegar a contidos máis elaborados sobre o discurso que podemos inxerir nunha imaxe, aínda que sexa feita desde o móbil e a través da fiestra.

Todas a persoas que participen poden compartir as súas fotografías tras aplicar o consello práctico tanto polas redes sociais da Cidade da Cultura, como facéndoas chegar ao enderezo electrónico onlinecidadedacultura@gmail.com para un grande álbum en liña compartido.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.