A Cámara de Santiago forma en tendas virtuais e social media á xuventude emprendedora

13 Abril 2020

A formación empresarial e profesional está a superar os obstáculos do COVID-19 e desenvólvese plenamente no plano virtual, de man de entidades como a Cámara de Comercio de Santiago, que presentou este luns 13 de abril os programas Constrúe o teu futuro: cursos axeitados para facer voar o emprendemento xuvenil cando a situación económica e social se normalice. A actividade colle corpo con dúas contribucións tecnolóxicas, cuxo inicio en streaming está previsto para o 20 de abril: Tendas virtuais e emprendemento e máis Formación de Social Media, Marketing Dixital e Emprendemento. Celébranse en colaboración coa Fundación INCYDE e co apoio económico do Concello de Santiago e do Fondo Social Europeo. Os cursos están dirixidos a mozos e mozas menores de 30 anos e inscritos en Garantía Xuvenil.

O obxectivo das accións pasa por achegar aos participantes coñecementos e habilidades empresariais esenciais como a creatividade e o traballo en equipo, amais de recursos para xestionar o risco.

O programa sobre redes sociais e mercadotecnia dixital está dirixido a persoas emprendedoras e profesionais que desexen especializarse en competencias de marketing dixital e no aproveitamento efectivo das redes sociais e a chamada Web 2.0, “permitíndolles incrementar a súa calidade profesional e mellorar a súa empregabilidade”. A idea é axudalas a definir a súa propia estratexia de comunicación nos novos medios sociais (redes sociais, blogs, buscadores, etc.), o planonline de promoción empresarial-profesional e a execución de accións para mellorar a reputación dos seus produtos e servizos na Internet.

Polo que se refire ao programa sobre tendas virtuais, estará dirixido a mozos e mozas interesadas en mellorar ou consolidar á actividade comercial a través da programación e creación de tendas en liña. Con este programa achegarase formación en deseño de tendas online con WordPress, sobre o contexto que rodea o sector da venda na Internet, sobre como facer plans de mercadotecnia en liña e sobre como acceder a provedores e recursos valiosos para seguir a aprendizaxe unha vez terminado o curso.

Os programas formativos en streaming son de balde previa inscrición na páxina web da Cámara de Comercio de Santiago.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.