A Asociación de Empresarios de Ribeira fai un chamamento aos grupos políticos e á veciñanza para loitar polos autónomos

24 Abril 2020

A Asociación de Empresarios de Ribeira, a través do seu presidente Francisco Martínez Gude, vén de mostrar a súa fonda preocupación polas consecuencias que está a ter (e terá) o actual Estado de Alarma no tecido produtivo e empresarial, ao tempo que fai un chamamento a xuntar forzas para que “os efectos da crise sanitaria e da actual situación na economía de Ribeira véxanse minimizados no posible”. A Asociación lembra que é hora de axudar dende as administracións ao tecido empresarial e comercial local, e dentro del aos autónomos, e esta vontade de “arrimar o ombreiro” compártena tamén o Concello (quen mostrou a súa disposición de axudar nunha reunión entre o alcalde e os integrantes da Asociación) e os demais grupos políticos locais. Froito deste ánimo común e compartido lanzouse dende a AER a proclama Nin un autónomo quede na rúa.

En palabras da Asociación, o nome de iniciativa resume “o noso reto e o noso obxectivo, e dende todos e cada un dos partidos que configuran o mapa político do municipio recibimos o alento de ánimo e as promesas de apoio máis decidido”.

Agora, sinalan, é hora de trasladar estea ideario aos cidadáns, para “que coñezan esta predisposición”, e para que tamén teñan a oportunidade, ao igual que os partidos políticos, “de mostrar o seu apoio aos seus veciños, comerciantes, avogados, albaneis, perruqueiras, pescantinas, cafetarías, bares, restaurantes, agricultores etc., todos aqueles aos que teñen ao pé do canón todo o ano e para que, cando esta pandemia remate, non os deixen no esquecemento, que se envorquen en Ribeira, os seus profesionais, os seus autónomos e os seus empresarios”.

Outros artigos

Ribeira renova a súa distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación

Ribeira é unha das 17 cidades Innpulso que renova a súa distinción de Cidade da Ciencia e a Innovación por apostar por políticas locais innovadoras nos seus territorios. No caso ribeirense, o galardón atópase na categoría de municipios de 20.001 a 100.000 habitantes;...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.