30 abril: España rexistra a cifra de mortos diarios máis baixa desde o inicio da crise: 268 falecidos. Galicia non tivo mortos onte

30 Abril 2020

O Ministerio de Sanidade actualizou o balance de contaxiados e falecidos por coronavirus en España ao 30 de abril:

– 24.543 mortos. A véspera contábanse 24.275. Son 268 falecidos en 24 horas, a cifra máis baixa desde o 20 de marzo, cando se rexistraron 228 falecidos. –

– 213.435 confirmados por PCR. Ata o mércores eran 212.917.

– 1.309 novos. 112.050 curados. O xoves eran 108.947. Son 3.103 máis.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.526, deles 880 son da área da Coruña, 244 da de Lugo, 715 da de Ourense, 215 da de Pontevedra, 808 da área de Vigo, 505 da de Santiago, e 159 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 73 permanecen en UCI, 482 están en unidades de hospitalización e 2.971 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 5.393 persoas curadas, rexistrándose 547 falecementos. O número de PCR realizadas é de 93.118. Na xornada de onte non se produciron falecementos en centros residenciais.

Datos Coronavirus 30 de abril

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.